GALEGO DE ARCO AO VOO
CampiĆ³ns galegos de arco ao voo
22/08/2023

Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo

O  20 de agosto, acontinuación da desputado do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco, tivo lugar o Autonómico de Arco ao Voo. 

Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e a esencial colaboración e traballo do Clube Cazarco. 

Na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén desputouse o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo coa presenza de 5 parellas de cazadores cos seus respectivos cans de mostra. Cans nos que a raza setter foi a   elixida por todos. Destacar a presenza dunha parella formada por Marina e a moza Paula que se estreou nesta modalidade.

O Campionato realizouse sobre perdiz sementada a cal deu moita guerra aos 10 participantes e as altas temperaturas tampouco facilitaron o traballo dos cans. A proba contou coa presenza do presidente provincial da FGC, Francisco Couselo, que fixo entrega dos premios aos campións e aos seus cans.

Clasificación:

1- Javier Lesende e Ismael Figueroa con “Blas”

2- Paula Formoso e Marina Oliveira con “Pepa”

3- Jacobo Santoro e Orlando Aboy con “Vela”

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.