MEMORIAL JOSÉ E MANUEL CEA SEOANE
Alfredo Mendoça adxudícase o Memorial en Río Sar
07/08/2023

Campionato de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane

No día de onte, 6 de agosto, desputouse no Campo de Tiro Río Sar unha edición máis do Memorial José e Manuel Cea Seoane de Percorridos de Caza. Campionato puntuable para a Copa Galicia e desputado a 100 pratos en 2 líneas e 4 postos, e con máis de 60 tiradores participando. Todo elo organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar e coa colaboración da Federación Galega de Caza.

Rematada a competición, os tiradores Alfredo García Mendoça e Eloy Fernández López remataban con 90 pratos escachados, o cal fixo preciso a realización dun desempate no que Alfredo superou ao asturiano Eloy e se converteu no campión desta edición 2023. O bronce foi para o tirador coruñés Daniel Cebreiro García que remataba con 89 pratos que lle daban o terceiro posto da Clasificación Xeral. En cuarta posición remataba o campión da pasada edición, José Manuel Torres Parada con 87 pratos. José Manuel Fernández Añón era o quinto clasificado con 86 arxilas. 6º Jose Luis Sánchez Mancebo, 7º Manuel Blanco Puertas, 8º José Luis Otero del Río, 9º Ramón Conde Mouriño e 10º José González Yáñez. 

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención ás casas e entidades patrocinadoras que reportaron un destacado e amplo número de agasallos para os tiradores participantes. Tamén Rio Sar fixo un agradecemento especial aos árbitros da competición.