O PASPALLÁS NA LIMIA |
Na Limia, acto sobre o aproveitamento cinexético sostible do paspallás “Proyecto coturnix” |
01/08/2023 |
O vindeiro sábado 5 de agosto ás 17:30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural de Xinzo de Limia un encontro co paspallás como protagonista e no cal participarán a Fundación Artemisan, a Federación Galega de Caza e os cazadores e sociedades de caza da comarca e a súa contorna. En dito acto analizaranse os resultados do “Proyecto Coturnix 2022” así como os diferentes aspectos da caza do paspallás. Realizándose un coloquio final entre ponentes e asistentes que enriquecerá os coñecementos sobre esta especie vital na Limia. Dende a Federación Galega de Caza invitamos a todos os cazadores, especialmente aos da comarca da Limia e contorno, a participar no evento debido á importancia da temática e o cuestionada que está actualmente a caza do paspallás. Lembrar que o “Proyecto Coturnix” é unha iniciativa impulsada por Mutuasport, coa colaboración da Fundación Artemisan, a Real Federación Española de Caza e as súas federacións autonómicas, que busca realizar un seguimento do estado das poboacións de paspallás no noso país e que conta coa colaboración de 5.000 cazadores de toda España. |