CAMPIONATO GALEGO COMPAK SPORTING
Daniel Cebreiro amplía o seu palmarés revalidando o título de Campión Galego de Compak Sporting
16/07/2023

XXIII Campionato Galego de Compak Sporting

No día de hoxe, 16 de xullo, nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar desputouse o Autonómico de Compak Sporting. Un campionato que consolidou a Daniel Cebreiro como o tirador de referencia na nosa comunidade despois de acadar, neste 2023, os provinciais e autonómicos de Percorridos de Caza e Compak Sporting. 

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar desputábase, a edición XXIII, do Campionato Galego de Compak Sporting.

Os 80 tiradores clasificados e inscritos desputaron, nas seis canchas de tiro, este campionato a 150 pratos. Pratos técnicos e moi áxiles que deron  unha proba de alto nivel, ao que houbo que engadirlle unhas boas condicións climáticas para que os tiradores acadasen grandes marcas. 

O coruñés Daniel Cebreiro García proclamouse Campión Galego de Compak Sporting, revalidando o título acadado o ano pasado, facendo unha gran marca de 143 pratos. Cebreiro mantivo unha gran pelexa co tamén coruñés José Manuel Torres Parada que acadaba a prata tamén cunha gran marca de 142 pratos. Para coñecer o terceiro posto da clasificación xeral foi preciso realizar un desempate entre Antonio Iglesias Otero e Roberto Rodríguez Fernández que remataban con 136 pratos. Antonio Iglesias Otero, ao igual que aconteceu na edición do 2022, resultou gañador neste desempate e acadou o bronce autonómico. Polo tanto o cuarto posto da clasificación xeral, era para Roberto Rodríguez.  

Javier Suárez Da Fonte, con 134 pratos, era o campión da categoría Xuvenil, e cunha gran tirada acadaba o octavo posto da xeral. Omar Insúa Rodríguez, campión da edición anterior, acadaba a prata. 

O lucense Constantino Vilar Rodríguez era o campión galego da categoría Senior con 132 pratos. Alfredo Augusto García Mendoza era o campión da categoría con 135 pratos e o terceiro posto era para Mario González Yáñez con 129 pratos. 

Ao igual que aconteceu na edición pasada, José González Yáñez era o campión da categoría Veteranos con 118 pratos. A prata era para Gabino Villamor Vázquez con 112 pratos e con 107 pratos o terceiro clasificado era Antonio Castro Ferreiro. 

Ao abano de campións deste Autonómico sumábanse os seguintes tiradores: Maitane Fandiño Pérez en Donas, Ángel Mosquera Rodríguez en Másters, Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado, Antonio Riveira Rivero en Homes B, Sergio Loureiro Rodríguez en Homes C e Jesús Mozo Pereira en Iniciados. Por Equipos o conxunto campión era o conformado por Juan Manuel Carou Rey, Santiago García Bello e José Manuel Fernández Añón.

Este Campionato Galego contou coa colaboración de Solognac e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.