MUTUASPORT - FGC |
A Veiga acolleu con éxito a presentación do Libro “Cefenemiosis no Corzo” |
03/07/2023 |
O pasado 1 de xullo na localidade ourensá da Veiga, Mutuasport e a Federación Galega de Caza presentaron o libro titulado "Cefenemiosis no Corzo", un novo exemplar da Biblioteca Cinexética de Mutuasport, dos autores Luis Eusebio Fidalgo e Ana López, ambos Doutores en Veterinaria pola USC. Aproveitando este evento, a Federación Galega de caza organizou, dende a media maña, unha serie de actividades lúdicas paralelas para achegar os beneficios da actividade cinexética e da Federación, instalando na praza do concello un simulador de tiro virtual onde os interesadospuideron practicar dita actividade, aprender ou mellorar a súa puntería; e un stand co que a Federación pretendeu achegar a caza deportiva e a caza como actividade rural sostible e dinamizadora da sociedade en xeral, ademáis de repartir diversos obsequios aos visitantes. Ás 17:30 horas tivo lugar na ateigada Sala de Conferencias “O Toural” a presentación do libro por parte do presidente de Mutuasport José María Mancheño; do presidente da Federación Galega de Caza e coautor do libro Luis Eusebio Fidalgo; de Ana Mª López-Beceiro, coautora do libro e tamén Dra. Veterinaria Universidade de Santiago de Compostela; de Juan Anta, Alcalde da Veiga e Manuel Gallardo e do presidente da Real Federación Española de Caza, Manuel Gallardo. En verbas do presentador do acto, Manuel Pérez Requejo, este libro abarca todo o relacionado coa enfermidade do corzo que cambiou moito nas últimas décadas. É unha obra de natureza científica que aborda un mal de especial relevancia, non só para os profesionais veterinarios e da conservación do noso país, senón tamén para os afeccionados á caza do corzo. Compretouse a xornada cunha participativa Mesa Debate baixo o título “Responsabilidades no aproveitamento cinexético” moderada polo presidente da FGC en Ourense, Antonio García Reinoso, no que interviron: Luis Eusebio Fidalgo, presidente da FGC; Jose María Mancheño, presidente da Federación Andaluza de Caza e de Mutuasport; Javier Verges, xerente de Mutuasport; Manuel Gallardo, presidente da RFEC; Juan José Gómez Fernández, xefe de servicio da Consellería de Medio Ambiente en Ourense e Vicente Lameiro, presidente da Sociedade de Caza Seoane. O acto tamén tivo o seu momento emotivo co recoñecemento a Javier Nogueira, ex-presidente da FGC, polo traballo realizado durante case 30 anos en defensa da caza e dos cazadores, recollendo unha placa da man do presidente da RFEC, Manuel Gallardo. A xornada rematou cunha degustación de caza e produtos locais. |