PRESENTACION LIBRO
O corzo serĂ¡ o protagonista na Veiga
28/06/2023

Da man da Mutua de Seguros Deportivos (Mutuasport) e a Federación Galega de Caza (FGC), o vindeiro 1 de xullo o concello ourensá da Veiga será un epicentro cinexético onde se mesturarán actividades lúdicas, mesas de debate, gastronomía e como acto estrela a presentación do sétimo exemplar da Biblioteca Cinexética de Mutuasport onde o corzo, pequeno cérvido tan presente nos montes galegos, será o actor principal. 

Todo dará comenzo ás 12:00 horas na Praza do Concello da Veiga na cal a Federación de Caza instalará un stand informativo ao carón do seu novidoso e virtual Simulador de Tiro, onde cazadores e non cazadores así como rapaces e rapazas poderán interactuar, practicar e mellorar a súa puntería. 

Ás 17:30 horas na Sala de Conferencias “O Toural”, terá lugar a presentación do libro titulado "Cefenemiosis no Corzo" dos autores Luis Eusebio Fidalgo e Ana López, ambos Doutores en Veterinaria pola USC, e que estarán acompañados por Juan Anta, Alcalde da Veiga e Jose María Mancheño, presidente de Mutuasport.

Este libro abarca todo o relacionado coa enfermidade do corzo que cambiou moito nas últimas décadas. É unha obra de natureza científica que aborda un mal de especial relevancia, non só para os profesionais veterinarios e da conservación do noso país, senón tamén para os afeccionados á caza do corzo. 

Outro dos momentos álxidos da xornada será a interesante e participativa Mesa Debate baixo o título “Responsabilidades no aproveitamento cinexético” no que intervirán expertos na temática como: Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, presidente da FGC; José María Mancheño Luna, presidente da Federación Andaluza de Caza e Mutuasport; Javier Verges Mir, Xerente de Mutuasport; Vicente Lameiro Alonso, presidente da Sociedade de Caza Seoane e todos eles moderados por Antonio García Reinoso, presidente da FGC en Ourense.

E do monte aos fogóns, a xornada rematará cunha degustación de Productos de Caza por cortesía do Concello anfitrión. Vémonos na Veiga o vindeiro 1 de xullo!!!