XUNTA XERAL DE MUTUALISTAS
Mutuasport consolida a súa aposta pola defensa da caza
28/06/2023

Mutuasport celebrou onte, 27 de xuño, a súa Xunta Xeral de mutualistas no Hotel Xardín Metropolitano de Madrid, na que delegados autonómicos e provinciais das distintas comunidades referendaron a decisión do Consello de Administración de Mutuasport de investir máis do 70% do superávit económico en accións e proxectos na defensa da caza.

 Tras aprobar por unanimidade as contas anuais do exercicio 2022, que cumpren sobradamente as esixencias de solvencia marcadas pola DGSyFP, a Xunta Xeral de Mutuasport aprobou por unanimidade os informes de xestión e de xestión social, amosando o seu apoio ao investimento de máis de 700.000 euros en accións e proxectos en defensa da caza, entre os que destacan os proxectos Coturnix e Zorzales, que teñen como obxecto estudar e avaliar científicamente o estado de conservación de ambas especies e defender o seu aproveitamento sostible. 

A Xunta serviu, ademáis, para renovar os cargos do Consello de Administración, dando a benvida como novos membros a Juan José Ferrer Alba, Valentín Morán Álvarez, Miguel Ángel Girón Pérez, Marta Lliteras Perelló e Jonathan Valentín Sierra. Realizouse unha homenaxe de despedida e un caloroso aplauso aos dous membros saíntes, Pedro Bestard Martinez, que cesa no seu cargo como presidente da Federación Balear, e Fernando Tello do Hoyo, expresidente da Federación Aragonesa de Caza e un dos membros máis lonxevos da mutua.

 

O presidente de Mutuasport, José María Mancheño, finalizou agradecendo un ano máis a confianza depositada na mutua e o respaldo na xestión realizada engadindo que “tenemos motivos suficientes para sentirnos orgullosos por el trabajo desempeñado por el personal de Mutuasport, federaciones, equipo de Dirección y Junta Directiva. Hablar de Mutuasport es hablar de solvencia y solidez y de compromiso decidido en la defensa de la caza. Gracias a todos los mutualistas por la confianza y por hacerlo posible”.