FGC - MUTUASPORT |
Mutuasport e a FGC presentan o libro “Cefenemiosis no Corzo” o vindeiro 1 de xullo en A Veiga |
20/06/2023 |
Un novo exemplar da Biblioteca Cinexética de Mutuasport que ten como autores a Luis Eusebio Fidalgo e Ana López A Federación Galega de Caza (FGC), en colaboración con Mutuasport, ten previsto presentar oficialmente na localidade ourensán de A Veiga, a primeira edición do libro titulado “Cefenemiosis en el Corzo”. Un novo exemplar da Biblioteca Cinexética de Mutuasport, dos autores Luis Eusebio Fidalgo e Ana López, ambos os dous doutores en veterinaria da USC, no que colaboran tamén outros veterinarios de recoñecido prestixio. Unha obra de fácil lectura, ilustrada con fotografías actuais dos propios autores, moi recomendable para os amantes e estudosos deste pequeno cérvido que actualiza os coñecemento da enfermidade (cefenemiosis) e os seus efectos no corzo. A Federación Galega de Caza, conxuntamente con Mutuasport, decidiron realizar a presentación oficial do libro na provincia de Ourense porque, xunto con Lugo, é onde se concentra a maior densidade de poboación desta especie e, neste contexto, optouse pola comarca de Valdeorras porque a meirande parte dos Tecores da provincia ourensán sitúanse nesta comarca e nas da súa contorna, decidíndose finalmente levalo a cabo na localidade de A Veiga o sábado día 1 de xullo, ás 17:30 horas (Sala de Conferencias O Toural - Rúa Nova 21C). Ao acto de presentación da “Cefenemiosis en el Corzo” Mutuasport e a FGC teñen previsto invitar a todas as sociedades de cazadores da provincia, así como ás diferentes autoridades e medios de comunicación. Como clausura do acto servirase unha degustación de caza ou produtos da zona. Como preámbulo á presentación do libro, de 12:00 a 15:00 horas na Praza do Concello, realizaranse diversas actividades paralelas, entre elas, a instalación dun simulador virtual de tiro no que calquera interesado poderá practicar o tiro virtual para divertirse, aprender, ou mellorar a súa puntería, e dun stand co que a Federación pretende achegar á sociedade en xeral o deporte cinexético e a caza como actividade sostible e dinamizadora do rural, ademáis de repartir entre os visitantes diversos obsequios. |