RFEC - ELECCIÓNS 23J |
Os cazadores instan ao próximo Goberno de España a que derogue as leis animalistas |
15/06/2023 |
A Real Federación Española de Caza (RFEC) publicou o decálogo “Compromiso político con la actividad cinegética 2023/27” con 10 puntos que serán trasladados ás formacións que concurren ás eleccións xerais do 23 de xullo para protexer, poñer en valor e potenciar a caza no noso país. Entre as medidas plantexadas, os cazadores de España instarán ao próximo Goberno da nación á eliminación da Lei de Protección dos Dereitos e o Benestar dos Animais e á modificación do Código Penal en materia de maltrato animal, revocar a prohibición da caza da rula, o lobo, a caza en parques nacionais ou a volta do silvestrismo. Ademáis, solicítase a promoción e posta en valor do sector cinexético, o recoñecemento e respeto social, a formación, modernización e información; a participación en órganos consultivos e de decisión, a implantación da licenza interautonómica en todas as CCAA, a dotación de fondos ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na loita contra o furtivismo ou o fomento das medidas agroambientais necesarias para a recuperación da caza menor, entre outras cuestións. Desta forma, a Federación solicitará por escrito aos distintos candidatos un compromiso co decálogo e co sector cinexético para recuperar a normalidade da actividade cinexética. O posicionamento de cada formación política en relación con cada un dos puntos do decálogo será trasladado durante as próximas semanas aos cazadores, co obxetivo de que cada cazador acuda á cita electoral do próximo 23 de xullo coñecendo as propostas de cada formación en materia cinexética e medioambiental. O presidente da RFEC, Manuel Gallardo, lembroulle ás distintas formacións que a actividade cinexética movilizará a 4 millóns de votantes nas vindeiras eleccións xerais e que o compromiso dos partidos ten que garantir o futuro dunha actividade fundamental a nivel social, económico, medioambiental e cultural. Neste sentido, Gallardo destacou que ningún cazador vai votar a partidos anticaza, polo que os partidos políticos deben atender as peticións dun sector que non soporta máis ataques que limiten a súa actividade, tal e como se demostrou na masiva manifestación do pasado 20 de marzo de 2022 onde sairon ás rúas máis de 600.000 cazadores pedindo respeto para a súa forma de vida. Máis info en: https://bit.ly/42H3dYH |