CURSO CAZADOR CON FORMACIÓN CORUÑA |
IV edición do curso de “Persoa Cazadora con Formación” a celebrar na Coruña o vindeiro 16 de xuño |
31/05/2023 |
Despois da celebración das edicións de Santiago, Lugo e Pontevedra as Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda; Medio Rural; e Sanidade, en colaboración coa Federación Galega de Caza, ofertan a cuarta edición do curso de persoa cazadora con formación, organizado pola Escola Galega de Saúde Pública, que se celebrará o día 16 de xuño de 2023 na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade na Coruña (rúa Durán Loriga, 3). O obxetivo do curso é obter a credencial como persoa cazadora con formación, mediante a acreditación dos coñecementos para realizar o control in situ, sanitario e de hixiene das pezas de caza silvestres abatidas para ser destinadas ao consumo humano, así como do control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior, establecidos na normativa de aplicación. Coa superación deste curso, a persoa cazadora formada estará habilitada para facer o primeiro exame da peza, distinguindo se esta e as vísceras teñen un aspecto normal ou pola contra presentan anormalidades que poidan xerar dúbidas da posible inocuidade da carne. Unhas boas prácticas á hora do manexo das pezas de caza maior vai a favorecer a seguridade alimentaria da carne para consumo humano. Información e inscricións en: https://www.sergas.es/Saude-publica/EGSP-curso-caza |