FECAP |
En marcha unha edición máis de FECAP na que a FGC será un punto de encontro dos cazadores |
30/05/2023 |
Feira de Caza, Pesca e Natureza enclavada na Abanca Feira Internacional de Galicia - Silleda Dende o vindeiro 8 ao 11 de xuño terá lugar a Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) enclavada dentro da Abanca Feira Internacional de Galicia – Silleda. A FGC estará presente no pabillón 4 stand A-4 para dar a coñecer as novidades do sector e participar nas diferentes actividades programadas. Como ocorreu en tódalas edicións anteriores, a interación da FGC coa FECAP non so se resumirá á instalación do stand corporativo senon que a Federación Galega de Caza participará e dinamizará activamente a FECAP coa celebración de diferentes actividades, entre as que descamos as seguintes: -Exposición de perdices e outras especies cinexéticas. -Manualidades para os máis pequenos que coñecerán a fauna galega e as modalidades de caza coloreando láminas debuxadas pola pintora mindoniense Irma Loureiro -Exposición e presenza da aguía Harris. -Tiro con arco, exposición de cans e probas de agility. -Proceso de eclosión de ovos de perdiz coa visualización do nacemento dos perdigóns -E moito máis. A FGC agárdate en FECAP 2023. |