PROVINCIAL PONTEVEDRA XABARIL
Salvador Sestelo con “Beba” foi o campión provincial e Michael Otero con “Chacho” o campión da proba
23/05/2023

XX Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

O pasado sábado 20 de maio desputábase no Tecor “O Campo” a edición número XX do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril. A proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contou coa colaboración da Sociedade de Caza de O Campo. Participaron 30 cans correspondentes a 23 monteiros.

Unha proba na que o monteiro lucense Michael Otero Folgueira co seu can “Chacho” era o campión absoluto ao acadar un total de 240,5 puntos. Na segunda posición e converténdose no gañador provincial remataba o participante Salvador Sestelo Núñez coa cadela “Beba” e 238 puntos. O bronce era para Antonio Sánchez Sexto con “Chico” e 233,5 puntos.

A selección provincial pontevedresa queda conformada co seguinte equipo de monteiros: Salvador Sestelo, Antonio Sánchez, Joaquín Fernández, Álvaro Fontenla, Daniel Souto, Generoso Aragunde, José Rodríguez, Bárbara Fontán e Julio Ferradas.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Pensos Bichoucos e Mutuasport.