ASEXOS CON ARCO |
Proba de asexo con arco |
08/05/2023 |
II Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza en Pontevedra, o pasado 7 de maio tivo lugar a segunda edición da Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D. Unha proba que colleitou e mantivo o éxito acadado no pasado ano congregando a un elevado número de arqueiros galegos. Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a un total de 30 arqueiros e arqueiras. Os arqueiros, dende primeira hora, foron acometendo as diferentes propostar e percorridos impactando coas súas frechas nas diferentes figuras 3D, todo elo baixo a atención dos membros do xurado de competición composto por Javier Lesende e Miguel Caruncho, actuando como xuíces Dolores Bugarín e María Beatriz Villalba. Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías: Arco Asistido Masculino -Miguel Caruncho Campanario: 270 puntos -Ángel Villaverde Balado: 241 puntos -Pedro Martínez Ángel: 217 puntos
Arco Tradicional Masculino -Lee Ransdale: 205 puntos -Herminio López Naval: 160 puntos -Jacobo Santoro Lorenzo: 128 puntos
Arco Asistido Damas -Mª Carmen Novoa: 154 puntos -Marina Oliveira: 121 puntos
Arco Tradicional Damas -Luz Maria Tombilla: 51 puntos -Eva Davila: 40 puntos -Laura Fernández: 40 puntos
Junior -Nerea Piñeiro: 138 puntos -Iria Boullosa: 127 puntos -Carlota Otero: 115 puntos
Cadetes -Xiana Rodríguez Dean: 78 puntos Esta proba contou coa colaboración do Concello de Soutomaior e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |