PROVINCIAL CORUÑA COMPAK |
Daniel Cebreiro gañador dun intenso provincial da Coruña de Compak |
03/04/2023 |
Campionato Provincial da Coruña de Compak Sporting O provincial de compak da Coruña, celebrado o domingo 2 de abril, estivo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña e contou coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar. Un emocionante campionato no cal foi preciso a realización de dous desempates para coñecer os primeiros postos da clasificación xeral. Daniel Cebreiro García, o vixente campión provincial, foi quen de revalidar o título despois de rematar a tirada cun total de 93 pratos escachados. Unha marca que foi igualada polo tirador Antonio Iglesias Otero e que forzou á celebración dun desempate polo título. Emocionante desempate no que Cebreiro García, con 22 pratos, superaba a Iglesias Otero que escachaba 19 arxilas, rematando en segunda posición da xeral. Pero esta fase provincial tamén deparou outro intenso desempate para coñecer o terceiro posto. Un bronce que acadaba o pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández con 89 pratos superando, en dito desempate, a Jose Antonio Rivero Rivero. Polo tanto o terceiro posto da clasificación provincial foi para Rivero Rivero. En Senior o mellor clasificado era Constantino Villar Rodríguez con 88 pratos. Co mesmo número de pratos pero en segunda posición remataba Alfredo Augusto García Mendoza. O bronce era para Vicente Insúa López con 87 pratos. Na categoría de Veteranos o campión era Antonio Castro Ferreiro con 76 pratos e o xoven tirador Omar Insúa Rodríguez era o campión de Xuveniles con 82 pratos. O sempre presente Ángel Mosquera Rodríguez rematando a tirada con 68 pratos e era o mellor clasificado da categoría Master. Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |