PROVINCIAL DE CANS DE PARADA CORUÑA
“Bono da Brisa da Ría” de Eloy Rodríguez e “Oscar de la Judería” de Vicente Cortes foron os mellor calificados
03/04/2023

Campionato Federación Galega de Caza da Coruña de Cans de Parada

O pasado sábado 1 de abril tivo lugar en Vimianzo, concretamente no Tecor San Vicente, o Campionato Federación Galega de Caza da Coruña de Cans de Parada, unha proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade, tanto para razas británicas como continentais.

Un provincial que contou coa participaron de 20 cans, 3 deles de razas continentais e 17 de razas británicas. Sendo xuzgados por Jorge Amado, Jose María Álvarez e Jose Manuel Pallas.

Antonio del Rio, Director da Proba, daba a coñecer as diferentes calificacións rematando do seguinte xeito:

En británicos o setter de nome “Bono” propiedade de Eloy Rodríguez Martínez foi o mellor calificado cun 1 EXC. Jose María Carnota Ríos era o que obtiña o segundo posto coa calificación de 2 MB participando co setter “Nerón”. Repetía en terceira posición Eloy Rodríguez Martínez co setter “Azor” cun 3ºMB.

En Continentais o braco “Oscar” de Vicente Cortes Doce era o que obtiña o primeiro posto cun 1ºMB. Sendo o único can calificado e repetindo a mesma calificación que na edición 2022.

Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.