COMITÉ GALEGO DE CAZA |
Celebrado o Comité Galego de Caza que marcará o vindeiro exercicio cinexético 2023/2024 |
31/03/2023 |
No día de onte, xoves 30 de marzo, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada 2023/2024. Un Comité que tamén foi un punto de encontro para o análise da situación actual da caza e tamén de acollida ás diferentes propostas presentadas pola Federación Galega de Caza. O Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos e das sociedades de caza, entre os que se atopaban os presidentes provinciais da Federación Galega de Caza, e todos eles encabezados polo presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo; así como representantes da administración autonómica e a Directora Xeral de Conservación da Natureza, Belén do Campo, ao fronte. A FGC amosouse satisfeita pola boa acollida que tiveron, por parte da Administración, as diferentes propostas presentadas en prol da caza, dos cazadores e das sociedades de caza, entre as que destacamos as seguintes: -Solicitude de tramitación da licenza de caza para cazadores maiores de 65 anos dende as oficinas da FGC. -Proposta de estudo da gratuidade das licenzas de caza para todos os cazadores galegos. -A necesidade da catalagoción dos humedais, así como da súa delimitación e correcta sinalización. -Dixitalización da documentación que precisa o cazador para a práctica cinexética. -Posta en marcha dos puntos intermedios de recollida da carne de caza para o seu consumo e comercialización. Rematado o Comité todo apunta a que serán mínimas as modificacións da vindeira Orde de Vedas con respecto ao exercicio cinexético anterior no tocante ás modalidades e aos periodos hábiles de caza das diferentes especies. Destacamos a proposta de apertura da tempada xeral o vindeiro 15 de outubro e, como xa ven sen habitual, rematando o 6 de xaneiro de 2024. No tocante ás batidas ao xabaril estas comenzarán o 19 de agosto e finalizarán o 25 de febreiro de 2024. Queda todo emprazado para que sexa a Consellería do Medio Ambiente a que fixe, coa publicación da Resolución de Vedas, as regras que rexerán a práctica cinexética na nosa comunidade. |