PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO |
Manuel Taboada, Nuria Varela e Juan José Canosa campións provinciais en Rianxo |
27/03/2023 |
Campionato Provincial da Coruña de San Huberto e Proba de Iniciación O pasado sábado 25 de marzo, chegaba unha edición máis da fase provincial da Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que houbo unha boa participación, preto de 25 cazadores, e se puxo en xogo as respectivas plazas de acceso para o Campionato Galego da especialidade. A Federación Galega de Caza da Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión ao Tecor de Rianxo para desputar o provincial de Caza San Huberto que tamén contou coa Proba de Iniciación a esta disciplina deportiva da FGC. O cazador Manuel Taboada Vigo facíase con este provincial de Caza San Huberto ao compretar un percorrido, co seu setter de nome “Bruno”, que lle reportou unha puntuación de 76 puntos. A tan so un punto de Taboada situouse Antonio Olveira Pego, que coa setter inglés “Berta” acadaba a prata. Remataba en terceira posción Edelmiro Leira Pérez co braco “Nilo” e 65 puntos. En Damas a campiona era Nuria Varela Painceiras que obtiña unha calificación de 50 puntos concursando co macho de pointer de nome “Perseo”. Nicolasa González Carrodeguas que participaba co setter “Gudel” obtiña a prata con 47 puntos. E xa en terceira posición, con 44 puntos, remataba Lidia Almeida de Oliveira participando co setter “Dylan”. Na disciplina de Springer o campión era, novamente, Juan José Canosa Vigo con “Tayson”. Destacar a participación de Esteban Lorenzo Rey en Iniciados concursando co setter de nome “Paiper”. Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |