ASEMBLEA XERAL DA FGC
Unanimidade nos acordos na asemblea da FGC
24/03/2023

No día de hoxe, 24 de marzo, tivo lugar a Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza, a cal foi a primeira da nova Xunta Directiva encabezada polo presidente Luis Eusebio Fidalgo. Unha asemblea que comenzaba ás 17:30 horas en segunda convocatoria e na que se acadaba a aprobación en todos os seus puntos da orde do día.

Temos que destacar o estudo e aprobación das contas anuais correspondentes ao exercicio 2022, a aprobación dos presupostos e dunha aprobación e análise minuciosa da ampla memoria de actividades federativas do pasado ano.  

Unha das melloras nos resultados foi no tocante a representatividade na que a Federación Galega de Caza acada o 57% da taxa de cazadores federados. No eido da competición fíxose mención á celebración, na nosa comunidade, do I Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe, unha mostra máis da importancia que para a FGC supón a modalidade de xabaril sendo conscientes do auxe que teñen estas probas de caza salvaxe.

Co informe de presidencia e o apartado de rogos e preguntas, ás 20:30 horas, remataba a asemblea xeral da Federación Galega de Caza.