COPA DEPUTACIÓN OURENSE CANS PARADA
Couce García en británicos con “Máximo da Xeara” e Vicente Cortes con “Óscar de la Judería” en continentais foron os mellor calificados en Porqueira
07/03/2023

V Copa Deputación de Ourense de Cans de Parada - Copa Federación Galega de Caza

O pasado domingo, 5 de marzo, no día posterior a celebración do provincial de San Huberto e no mesmo acoutado, tiña lugar a V Copa Deputación de Ourense de Cans de Parada - Copa Federación Galega de Caza. Proba organizada pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración da sociedade de cazadores de “Porqueira”.

Todo comenzaba ás 8:00 horas coa concentración dos participantes para, unha hora máis tarde, dar comenzo a competición na que participaron cans británicos e continentais.

Manuel Feijoo e José Castro foron os Directores da Proba e deron a coñecer as diferentes calificacións:

Británicos:

- Campión Jose Manuel Couce García con macho de setter inglés “Máximo da Xeara” e un EXC.

- Segundo clasificado Eloy Rodríguez Martínez tamén cun EXC participando co macho de setter inglés “Dexter da Brisa da Ria”.

- O bronce tamén foi parar a Eloy Rodríguez Martínez cun EXC participando co macho de setter inglés “Bono da Brisa da Ria”.

- O mellor calificado da provincia foi Eliseo Faraldo Fernández que remataba en cuarta posición coa setter “Fiera da Pardiñeira” cun MOI BO

Continentais:

- Campión Vicente Cortés Doce co braco alemán “Óscar de la Judería” cunha calificación de BO.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.