PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO |
Aneiros Leira e Varela Painceiras gañadores do provincial ourensá de San Huberto |
07/03/2023 |
XXV Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto Nos terreos da sociedade de caza “A Porqueira” desputábase, o 4 de marzo, a edición número XXV do Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración de dita sociedade de cazadores. Este provincial ourensá deu o pistoletazo de saída a especialidade cinexético deportiva de San Huberto na que os deportistas galegos, xunto cos seus cans, tentarán buscar a clasificación para o autonómico da especialidade nas diferentes fases provinciais. Foi o cazador Jaime Aneiros Leira xunto co braco alemán “Arco das Fontiñas” o que obtivo o primeiro posto con 71 puntos. Jaime Aneiros Ardao era o que obtiña a segunda plaza participando co braco alemán macho de nome “Iron de Moncofa” e rematando cunha calificación de 54 puntos. O bronce era para Guillermo Barreira Folgueira que con 52 puntos participou con “Lingo de Fuente la Teja” un setter inglés macho. Na categoría de Damas a campiona era Nuria Varela Painceiras participando co pointer macho “Perseo da Xeara” obtendo 9 puntos. A entrega de premios puxo o punto e final a este provincial cargado de deportividade e de fermosos lances sobre perdiz sementada. Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |