TROFEO SOUTOMAIOR RRCC ARCO |
Posta a punto dos arqueiros galegos |
06/03/2023 |
Trofeo Concello de Soutomaior de Percorridos de Caza con Arco No día de onte, 5 de marzo, o Clube Cazarco coa colaboración do concello pontevedrés de Soutomaior e a Federación Galega de Caza de Pontevedra tiña a ben organizar a primeira proba puntuable para o autonómico de Percorridos de Caza con Arco. A modo de posta a punto e toma de contacto celebrouse este Trofeo Concello de Soutomaior de Percorridos de Caza con Arco. O Campo de Tiro sito en O Candán acoulleu a diferentes arqueiros que foron desenrolando as propostas baixo unha gran organización e deportividade. A clasificación foi a seguinte: En Arco Asistido Masculino o primeiro posto foi para Jaime Villaverde Balado con 295 puntos. Con 290 puntos remataba, en segunda posición, Eloy Álvarez Couñago. Miguel Caruncho Campanario era o terceiro con 281 puntos. Herminio López con 220 puntos era o campión en Arco Tradicional MasculiNo. Miguel Rodríguez Sanz e Lee Ransdale obtiñan a prata e bronce, respectivamente, con 180 e 164 puntos. En Damas Asistido a arqueira pontevedresa Dolores Bugarín Codeseda era a mellor clasificada con 243 puntos. Con 145 puntos o segundo posto era para M. Carmen Novoa Varela. Marina Oliveira Amoedo ocupaba o terceiro posto con 117 puntos. Pablo Gómez Vila era o campión na categoría Junior e Carlota Otero Cayetano campiona en Cadetes. |