MINISTERIO DO INTERIOR
O Ministerio do Interior desminte os datos empregados por Podemos sobre o abandono e maltrato dos cans de caza
08/02/2023

En España non existe un problema de abandono e maltrato animal dos cans  de caza. O Ministerio do Interior do Goberno de España, nunha resposta a unha pregunta escrita do deputado de Unidas Podemos, Juan López de Uralde, afirmou que no ano 2021 (o último do que se teñen rexistros) produxéronse un total de 56 infraccións penais de maltrato e abandono de animais domésticos.

Neste sentido, o departamento dirixido por Fernando Grande-Marlaska fixo públicos os datos dispoñibles no Ministerio do Interior sobre as tipoloxías penais de maltrato e abandono de animais domésticos (artigo 337 do Código  Penal), cuxo obxeto foron cans, sin especificar a actividade específica do animal, polo que non se pode diferenciar si o can se dedica a caza ou a outras actividades.

En total, rexistráronse 79 infraccións en 2018, 65 en 2019, 41 en 2020, 56 en 2021 e 24 entre xaneiro e xullo de 2022, lexos do bulo dos 50.000 galgos aforcados ao ano que defenden dende entidades animalistas e Unidas  Podemos, que durante os últimos meses intensificaron durante a súa  campaña de odio contra a caza ao acusar falsamente ao sector cinexético de abandoar e maltratar aos cans de caza.

O presidente da Real Federación Española de Caza (RFEC), Manuel Gallardo, esixiu a Unidas Podemos que cese na “campaña de mentiras y odio contra los cazadores y todo aquel que no comulga con su ideología animalista” e acepte “la mayoría social y parlamentaria que ha rechazado una ley que acabaría con la caza y todo el mundo rural”.