PROVINCIAL LUGO RAPOSO
A cuadrilla “Os do Furancho” gañadores na Terra Chá
23/01/2023

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo

O terreo cinexéticamente ordenado da Terra Chá acolleu a fase provincial lucense de caza de raposo que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo e a colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Baixo unhas condicións climáticas moi propicias para que os cans poidesen rastrexar os raposos deu comenzo esta proba na que cazadores, guías e xuíces desfrutaron de numerosos lances debido á alta densidade de raposos presente no acoutado. 

Foi o equipo “Os do Furancho” o que obtivo a maior puntuación con 2.500 puntos e converténdose deste xeito no novo campión provincial da especialidade. A segunda cuadrilla clasificada foi “Tecor O Rosario” que obtivo unha puntuación de 1500 puntos. Coa mesma puntuación pero xa en terceira posición remataba o equipo “Os do Empalme”.

Un xantar de irmandade e a entrega de trofeos puxo o punto e final a este campionato, non sen antes ser clausurado polas autoridades. Unha clausura na que interviron Jaime González, presidente do Tecor Terra Chá; Jesús Montouto, Xefe Territorial de Medio Ambiente e Luis Eusebio Fidalgo, presidente da Federación Galega de Caza.

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.