PROVINCIAL OURENSE ARCEAS
Rubén Seoane resultou campión provincial de Ourense
17/01/2023

XXVI Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

No acoutado de Santa Águeda Barbantiño tiña lugar, o pasado 14 de xaneiro, a edición número XXVI do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas. Unha proba que contou coa organización da Federación provincial de Ourense de caza e coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Coa sempre impredecible arcea comenzaba ás 9:00 horas esta fase provincial na que cans e cazadores tentaron dar caza a esta migratoria. Non houbo os avistamentos desexados pero si foi unha xornada cinexética de lances e deportividade.

O cazador Rubén Seone Iglesias co setter inglés macho de nome “Zeus” foi o campión provincial con 500 puntos. En segunda posición remataba José Luis Méndez Tesouro co setter de nome “Sagu de Kaxin”. Para coñecer o terceiro clasificado foi preciso a realización dun sorteo no que a fortuna quixo que o bronce fose para o participante Ángel García González con "Dolmen".

Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.