CURSO |
Segunda edición do curso de “Persoa Cazadora con Formación” a celebrar en Lugo o vindeiro 23 de febreiro |
16/01/2023 |
Ante a boa acollida de primeira edición, as Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda; Medio Rural; e Sanidad, en colaboración coa Federación Galega de Caza, ofertan a segunda edición do curso de persoa cazadora con formación, organizado pola Escola Galega de Saúde Pública, que se celebrará o día 23 de febreiro de 2023 na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo. O obxetivo do curso é obter a credencial como persoa cazadora con formación, mediante a acreditación dos coñecementos para realizar ocontrol in situ, sanitario e de hixiene das pezas de caza silvestres abatidas para ser destinadas ao consumo humano, así como do control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior, establecidos na normativa de aplicación. Este curso de persoa cazadora con formación cumple cos requerimentos da normativa europea, nacional e autonómica. Os cotidos do curso incluen catro módulos que se desenrolarán ao longo de sete horas, co que se pretende sensibilizar as persoas cazadoras sobre a importancia que ten a súa actuación dende o punto de vista da seguridade alimentaria, da sanidade animal e da sostebilidade ambiental dentro dun enfoque One Health. Coa superación deste curso, a persoa cazadora formada estará habilitada para facer o primeiro exame da peza, distinguindo se esta e as vísceras teñen un aspecto normal ou pola contra presentan anormalidades que poidan xerar dúbidas da posible inocuidade da carne. Unhas boas prácticas á hora do manexo das pezas de caza maior vai a favorecer a seguridade alimentaria da carne para consumo humano. Os requisitos para a inscripción neste curso, que comeza o prazo hoxe e remata o 16 de febreiro, son estar empadroado en Galicia e ter a licenza de caza en vigor no momento da inscripción en el curso. A inscripción realizarase cubrindo o formulario que aparece na páxina web: https://www.sergas.gal/saude-publica/EGSP-curso-caza e a selección será por riguroso orden de inscripción. Nesta mesma páxina pódese consultar tamén, o programa do curso así como outra información de interés. |