PROVINCIAL CORUÑA ARCEAS
Torres Parada imponse no provincial de Arceas
16/01/2023

O pasado sábado 14 de xaneiro desputábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas. Unha proba que era acollida polos terreos do Tecor “Monte Castelo” de Anxeriz-Tordoia, e organizada pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza Anxeriz.

Un total de 27 becadeiros coruñeses cos seus cans tentaron dar caza ás sempre esquivas arceas. Unhas arceas que a estas alturas da tempada entrañan unha enorme dificultade. 

Rematada a proba e feita a entrada en control de tódolos participantes era o  cazador e gran competidor José Manuel Torres Parada, actual campeón gallego de caza menor, o que se proclamaba campión provincial con 2 arceas. Co mesmo número de arceas pero en segunda posición remataba Víctor Varela Castro. E xa con 1 arcea era Emilio Romero Castro o terceiro clasificado.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.