COPA FEDERACION CANS PARADA ARCEA
O setter inglés “Breogán” de Fabián Barge obtivo a mellor calificación
11/12/2022

VI Copa Federación de Cans de Parada sobre Arceas 

O pasado sábado 3 de decembro tiña lugar a xa VI Copa Federación de Cans de Parada sobre Arceas. Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza e que contou coa colaboración da Sociedade de Caza de Cedeira – Cerdido.

Unha proba en auxe desputada nos terreos coruñeses do Tecor Eixil e que nesta ocasión contou con 21 cans especializados na caza da arcea. Jesús Blanco e Jose Ángel Seco conformaron o equipo de xuíces, o Xurado de Competición estivo formado por David Romero e Javier Muiño, sendo este último o Director da Proba.

Con menos avistamentos de arceas dos que organización e participantes desexaran, remataba esta proba na os xuíces destacaron o traballo do setter inglés macho de nome “Breogán” propiedade de Fabián Barge Vilela que obtivo unha calificación de 1º MB.

Unha vez finalizada a proba tivo lugar a clausura e entrega de premios, quedando emprazados para a vindeira edición da Copa Federación de Cans de Parada sobre Arceas.

Esta Copa Federación contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.