ELECCIÓNS FGC
Constituida a nova Asemblea Xeral da FGC
09/12/2022

O novo presidente, Luis Eusebio Fidalgo, e a nova Comisión Delegada tomarán posesión o vindeiro día 30 de decembro

No día de hoxe, 9 de decembro, tivo lugar a sesión constitutiva da Asemblea Xeral que tivo lugar no Hotel Eurostars San Lázaro sito en Santiago de Compostela. 

Unha vez se consituiu a Mesa Electoral e se levantou a acta da mesma tivo lugar, ás 19:30 horas, o inicio da Asamblea Xeral. O presidente da Mesa presentou un a un aos asambleístas e deuse por constituida a nova Asemblea Xeral da FGC para esta vindeira lexislatura (2022-2026). Neste acto a Mesa Electoral trasladou aos asambleistas asistentes que a Xunta Electoral proclamaba, o pasado 1 de decembro, como presidente electo a Luis Eusebio Fidalgo.

No segundo punto da orde do día, tivo lugar a presentación do Presidente Electo, Luis Eusebio Fidalgo que tomará posesión e firmará o traspaso de poderes o vindeiro 30 de decembro. Luis Eusebio dirixiuse á asamblea destacando o papel fundamental da caza social e a unión dos cazadores, apuntando aos importantes retos que se lle presenta á actividade cinexética no futuro. 

O Presidente da Mesa Electoral tamén informou que a Comisión Delegada está integrada por nove persoas máilo novo Presidente, representando aos estamentos de Entidades Deportivas, Xuíces e Árbitros e Deportistas. Polo estamento de Entidades Deportivas a Comisión Delegada estará composta pola Sociedade de Caza de Barbanza, Sociedade de Caza de San Mamede e a Sociedade de Caza de San Martín do Grove. Juan Ángel Alonso Pérez representará ao estamento de Xuíces e Árbitros e Manuel Penabad Corral e Javier Sande López ao estamento de Deportistas. O resto de compoñentes de dita Comisión serán nomeados con posterioridade polo novo Presidente da FGC.

Antes de dar por levantada a sesión, o presidente da Mesa cedeu a palabra a Javier Nogueira Diz, presidente sainte o cal estivo ao fronte da FGC durante os últimos 12 anos. Nogueira Diz resumiu a súa emotiva intervención dando as grazas a todos os cazadores galegos polo apoio recibido durante todos estes anos ao fronte da Federación Galega de Caza.