AUTONÓMICO DE ARCO O VOO
A parella composta por Jaime Villaverde e Pedro Martínez co can “Sil” son os novos campións galegos de arco o voo
24/10/2022

Campionato Galego de Caza con Arco o Voo

O pasado 22 de outubro desputouse en Ponte Caldelas (Pontevedra) o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube Cazarco e a Sociedade de Cazadores Verdeseixo.

As condicións climáticas foron moi duras e perxudiciais para un desenrolo óptimo da proba, pero como sempre, as parellas de arqueiros participantes xunto cos seus fies cans non defraudaron. A proba desenrolouse sobre perdiz sementado e a pericia dos arqueiros fixo vibrar ao público alí presente, entre os que se atopaba o presidente da FGC de Pontevedra, Paco Couselo, o Secretario da Xunta Xestora da FGC, José Moure e o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel González González.

Foi o equipo pontevedrés conformado polos arqueiros Jaime Villaverde e Pedro Martínez os que co seu can “Sil” conseguiron, novamente, o título de Campións Galegos da especialidade. En segunda posición remataron Jacobo Santoro e José Caruncho coa cadela “Vela” e o equipo formado por Miguel Caruncho e Beatriz Villalba co can de nome “Uno” acadaron a terceira posición.

Estes Campionatos Galegos contaron co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.