PROVINCIAL A CORUÑA CAZA MENOR |
Jesús Mozo con “Pipo” resultou gañador do provincial coruñés de menor |
23/10/2022 |
Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can O pasado sábado 22 de outubro, en Cedeira e Cerdido, desputouse o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can nos terreos do Tecor Eixil. Todo elo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Cedeira. Bo número de participantes e con enorme paixón comenzou esta fase provincial baixo unhas condicións climáticas que non foron todo o desexadas para acadar avistamentos e capturas agardadas. Foi o cazador Jesús Mozo Pereira o que acadou o título de Campión Provincial con 1.100 puntos e grazas ó traballo do seu braco alemán de nome “Pipo”. O ata o día de onte vixente campión provincial, José Manuel Torres Parada, obtiña a prata con 400 puntos coa cadela “Enxa”. O bronce era para Alberto Boquete Casas que participou co setter inglés de nome “Toti” obtendo unha puntuación de 200 puntos. Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |