SAN HUBERTO MAÑÓN |
Jorge Dobarganes adxudícase o primeiro posto en Mañón |
21/09/2022 |
Campionato de Caza San Huberto en Mañón Puntuable para a Copa Galicia da especialidade, o pasado 11 de setembro desputábase unha edición do Campionato de Caza San Huberto de Grañas - Mañón en A Coruña. Grañas de Sor acollía esta proba na que participaron un total de 28 cans e estivo organizada pola Agrupación de Cazadores do Ortegal, a Sociedade de Caza Grañas do Sor – Mañón e a Federación Galega de Caza en A Coruña. O cazador Jorge Dobarganes co macho de pointer de nome “Bico da Brisa” obtiña o primeiro posto. Juan José Canosa co pointer “Nike da Chousa” e Edelmiro Leira Pérez con “Chispa” remataban en segunda e terceira posición respectivamente. |