TROFEO CIDADE DE BETANZOS |
Canosa gañador do Trofeo Cidade de Betanzos |
21/09/2022 |
XX Trofeo de San Huberto Cidade de Betanzos Unha nova proba da disciplina de San Huberto desputábase en Irixoa (A Coruña) o pasado 15 de agosto. Dita proba contou coa organización da Sociedade de Cazadores do Tecor de Irixoa e a colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña. O lugar de Ferreiros acolleu aos 29 cans que participaron nesta proba de San Huberto puntuable para a Copa Galicia da especialidade. Sendo xuzgada por Jorge Sánchez e Juan Ramón Suárez e sendo o director da proba Javier Martín.
Foi o cazador Juan José Canosa co seu pointer de nome “Nike” o gañador da proba con 82 puntos, seguido en segunda posición, con 63 puntos, por José Manuel Pallas que participou co setter inglés macho de nome “Marxal”. O terceiro posto era para a cazadora Nuria Varela co pointer de nome “Perseo”. |