PROVINCIA PONTEVEDRA COELLO
O lote propiedade de Víctor Casqueiro proclamouse campión provincial en O Grove
19/09/2022

XXVIII Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro modalidade Coello

Con 18 cazadores e máis de 70 cans participantes arrincaba a edición XXVIII do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro modalidade Coello desputado no Tecor de San Martín do Grove. 

O campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e coa colaboración da Sociedade de Cazadores do mencionado terreo cinexético. Alta inscrición e moi boas prestacións dos lotes participantes foi o máis destacada desta edición 2022.

O cazador Víctor Casqueiro Casqueiro presentábase nesta proba co lote de cans composto por “Pancho, Toxa, Bola e Blanca” co cal acadou unha puntuación de 514 puntos e se converteu no campión provincial.

Alfonso Rey Baulde con “Clay, Trus, Fousa e Xesta” foi o subcampión con 510 puntos.

Con 480 puntos e repetindo a mesma posición que na edición anterior remataba Marcelo Arosa Dasilva con “Indio, Sapo, Maya e Pirri”.

A cadela “Toxa” propiedade do campión provincial Víctor Casqueiro tamén obtivo o galardón de Mellor Can con 145 puntos. 

Este Campionato contou coa colaboración do Concello do Grove, Solognac e Pensos Canican e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.