PROXECTO COTURNIX |
Coturnix anima aos cazadores galegos a participar no terceiro ano do proxecto de seguimento do paspallás |
26/08/2022 |
O Proxecto Coturnix, seguimento e xestión sostible da codorniz en España afronta coa media veda o inicio do seu terceiro ano co boas expectativas e agardando superar os bos resultados do ano anterior, no que participaron máis de 5.000 cazadores de todo o país. Por elo, as entidades promotoras, encabezadas por Mutuasport, coa colaboración da Real Federación Española de Caza, Fundación Artemisan e a Universidade de Lleida, animan aos cazadores de todo o país a sumarse ao que se converteu no proxecto máis importante de monitorización da especie en España. Gracias á implicación dos colaboradores, o ano pasado recibíronse máis de 17.600 mostras de capturas, completaronse 2.910 enquisas de caza, aneláronse 257 codornices e puídose recuperar a información de 64 anillas. Todo elo serviu para concluir que a poboación de codorniz mantén un estado favorable de conservación, cunha estimación de 3,1 millones de exemplares. De feito, os resultados obtidos en Coturnix e outros proxectos semellantes permitiron paralizar a votación no Comité de Fauna e Flora do MITECO da inclusión da codorniz en perigo de extinción, o que suporía o fin da súa caza, da sua xestión e poñería en perigo o futuro da propia especie. Cabe sinalar que Coturnix é unha iniciativa de ciencia ciudadana que ten como obxetivo evaluar o estado de conservación da codorniz en España, así como profundizar en aspectos da súa bioloxía e ecoloxía e promover unha xestión e caza sostible das súas poboacións. No marco do proxecto desenrólanse numerosas accións como tarefas de censo, anelamentos, seguimento de colleitas, monitoreo de caza, recollida de mostras biolóxicas e incluso o uso de dispositivos GPS/Argos, todo elo co obxetivo de aumentar o coñecemento sobre a bioloxía e ecoloxía da codorniz. Co proxecto Coturnix, Mutuasport busca devolver aos cazadores a confianza posta na entidade, invertindo en investigación e ciencia ciudadana que está revolucionando a caza en España e que pon aos cazadores como garantes e protagonistas da conservación das especies e a biodiversidade. As entidades do proxecto agradecen a cazadores, dinamizadores, federacións de caza e en xeral a todos os implicados no proxecto a gran participación amosada durante estos dous primeiros anos e animan a seguir participando durante esta tempada, especialmente na media veda. Os interesados en participar poden contactar coa súa federación autonómica para obter toda a información ou mediante o correo coturnix@fundacionartemisan.com .
|