CAMPIONATO GALEGO DE ARCO |
AutonĂ³mico de percorridos de caza con arco |
23/08/2022 |
O domingo 21 de agosto, desputouse no campo do clube Cazarco, situado en Candan - Soutomaior, o XXII Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco, última proba do calendario de competicións desta modalidade, puntuable para o Campionato Galego. Participaron 28 arqueiros das distintas modalidades, entre eles cabe sinalar e agradecer a presencia de Antonio Vega, Carolina Comesaña, Claudia Vega e Atila Vega, arqueiros zamoranos que acudiron a esta cita, así como en outras anteriores a competir e a compartir unha xornada de bo ambiente. Ás 8:30 horas estaban citados os participantes no campo para comenzar cedo e evitar as horas de máis calor do día, dende as 9:30 ás 12:30 horas os participantes, distribuidos en 6 patrullas, percorreron o circuito composto de 8 zonas nas cales desenrolouse a competición, asexos, esperas e tiros a blancos móviles entre otros, puxeron a proba a pericia dos participantes. Xa que non soamente é tirar ben, se non que hai que saber a que animais se lles pode tirar en cada unha das propostas según indique o xuíz da zona asinada. A maña pasou rápido e entretida entre risas e as consabidas bromas aos que penalizaban por equivocarse de dianas ou erros de tiro. Máis alegres ainda as patrullas dos máis xóvenes que afortunadamente van aumentando e son a esperanza de que a caza e as súas modalidades perduren. Finalizada esta e, como ben sendo habitual, congregáronse os arqueiros xunto para desfrutar do xantar e posterior entrega de trofeos. Na modalidade de Arco Asistido Damas a gañadora foi Dolores Bugarín, de Cazarco, seguida de Mari Carmen Nóvoa, de Arkeiros do Deza e en terceiro lugar Carolina Comesaña, Arco Altay. En Arco Tradicional o gañador foi José García Gómez de Arco Celta, seguido de Herminio López tamén de Arco Celta e en terceiro lugar Jacobo Santoro, de Cazarco. En Arco Asistido Masculino o primero posto foi para Jaime Villaverde, segundo Angel Villaverde e tercero Pedro Martínez, os tres pertencentes a Cazarco. En Junior a primeira foi Claudia Vega, de Arco Altay e segundo Pablo silva de Arkeiros do Deza. Na categoría Cadetes, os máis pequenos, a primera foi Carlota Otero, segunda, Mara Moreira e terceira Carolina Alonso, as tres arqueiras do Clube Cazarco. No computo total para o Campionato Galego participaron 43 arqueiros das distintas categorías existentes, sumados os puntos obtidos nas catro tiradas realizadas e descontando a de menor puntuación de cada unha delas, o resultado final do Campionato Autonómico rematou do seguinte xeito: - Asistido Damas: Campeona Galega Dolores Bugarín, segunda clasificada Mª Carmen Nóvoa e terceiro posto para Marina Oliveira. - Asistido Homes: Campeón Galego Jaime Villaverde, segundo clasificado Ángel Villaverde e terceiro clasificado Eloy Álvarez. - Arco Tradicional: Campeón Galego José García, segundo clasificado Herminio López e terceiro clasificado Jacobo Santoro. - Categoría Junior: Campeón Galego Pablo Silva, segunda clasificada Jheneba Novelle e terceiro posto para Mateu Alonso. - Categoría Cadete: Campeona Gallega Carlota Otero, segunda clasificada Mara Moreira e terceira Iria Boullosa. Este campionato galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.
|