RFEC E FFAA
As Federacións de Caza de todo o país anuncian inminentes movilizacións si a Lei Animalista non exclúe á caza
12/08/2022

O sector cinexético sintese traicionado e prepara movilizacións contra o PSOE por incumplir o compromiso de excluir á caza do proxecto de Lei de Dereitos dos Animais

A Real Federación Española de Caza (RFEC) advirte de que as federacións de caza de todo o país comenzarán inminentes movilizacións e voltarán a levar a “marea laranxa” de cazadores ás rúas, como xa ocorreu o 20 de marzo, se non se exclúe á actividade cinexética do proxecto de Lei de Dereitos dos Animais que o Consello de Ministros do Goberno de España aprobou o pasado 1 de agosto e que suporía o fin da caza ao sometela a unha gravísima situación de indefensión xurídica.

Así, a RFEC e as Federacións Autonómicas, que dende a aprobación do proxecto de Lei Animalista o pasado 1 de agosto crearon unha comisión de traballo específica para elaborar unha folla de ruta contra un texto que sería letal para a actividade, acordaron elaborar un calendario de reivindicacións e movilizacións a pe de rúa para protestar directamente contra a postura do PSOE, que incumpliu todas a súas promesas e acordos en relación á exclusión da caza deste proxecto de Lei de Dereitos dos Animais.

E preciso lembrar que o pasado 29 de marzo, despois dunha reunión de traballo celebrada coa RFEC na sede nacional, o PSOE comprometeuse a excluir aos animais auxiliares da caza do Anteproxecto de Lei de Dereitos dos Animais. Por parte dos socialistas, a este encontro acudiron Santos Cerdán, secretario de Organización do PSOE, e Juan Francisco Serrano, portavoz de Agricultura do PSOE no Congreso dos Deputados. Precisamente, o propio Juan Francisco Serrano afirmou públicamente o pasado 23 de xuño nunha Xornada de Benestar Animal, organizada pola Fundación Artemisan e El Mundo, que a postura do PSOE sería “que los animales auxiliares de caza queden fuera del borrador. No podemos comparar un animal auxiliar de caza como es el del medio rural con un animal de compañía como es el de una ciudad”.

Sen embargo, no texto aprobado posteriormente o 1 de agosto polo Consello de Ministros non se exclúe á caza nin se teñen en conta estas consideracións. Este incumplimento manifesto dos compromisos adquiridos e a falta de respeto ao sector cinexético xeneraron un profundo rexeitamento entre os cazadores de toda España, que se movilizarán contra un proxecto de Lei elaborado sen consenso e coa deriva anticaza do PSOE. 

Neste sentido, a comisión creada pola RFEC e as Federacións Autonómicas está elaborando una folla de ruta para coordinar as accións reivindicativas a pe de rúa que se celebrarán próximamente, á vez que se suma o apoio de outros sectores ante o forte rexeitamento social que xerou unha Lei Animalista que conta coa oposición do mundo rural, colexios veterinarios, científicos, ecoloxistas e conservacionistas e asociacións e actividades unidas á naturaleza e os animais.