LUMES
Agradecemento e solidariedade ante os lumes
22/07/2022

Novamente Galicia voltou a vivir episodios tráxicos nos seus montes por mor dos lumes. Foron e son momentos de enorme tristeza e desesperación os que están a  vivir a nosa xente do rural, concretamente e de xeito máis intenso nas zonas do Courel, Pobra de Brollón, Quiroga, a comarca de Valdeorras... entre outros.

Unha perda irreparable de vivendas e de miles de hectáreas de monte que hoxe se tinguen de negro. Horas de enorme preocupación e desolación que se tornan nun futuro incerto para moitos pobos.

A Federación Galega de Caza quere dar un agradecemento enorme a todas aquelas persoas que dun ou doutro xeito pelexaron contra as lapas de xeito envexable. Veciños e brigadistas que a pe de lume puxeron, en moitos intres, en risco as súas vidas. Forza e ánimo. Gracias!