GALEGO DE PERCORRIDOS DE CAZA |
Blanco Puertas dominador do AutonĂ³mico de Percorridos en Rio Sar |
18/07/2022 |
XXXIV Campionato Galego de Percorridos de Caza en Río Sar A edición número XXXIV do Campionato de Galego de Percorridos de Caza desputado en Río Sar o pasado 17 de xullo foi, novamente, un éxito en canto a nivel organizativo e deportividade dos tiradores. Unha edición con preto de 90 tiradores divididos en 15 escuadras e que estivo condicionada polas altas temperaturas existentes durante a xornada que complicou máis se cabe a xa imprescindible concentración e puntería dos tiradores. Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar, desputábase este Autonómico de Percorridos que rematou sendo unha fantástica tirada a 150 pratos con 3 liñas de tiro a duas voltas. Foi o tirador Manuel Blanco Puertas o que remataba con 136 pratos despois dunha tirada moi regular e que o converteron no novo campión galego da especialidade. Un resultado amplo xa que superou en 3 pratos ao actual campión provincial da Coruña, Antonio Iglesias Otero, que se tivo que conformar coa prata. Para coñecer o terceiro posto da clasificación xeral foi preciso a realización dun desempate entre Daniel Cebreiro García e Roberto Rodríguez Fernández xa que ámbolos dous tiradores remataron con 129 pratos. Foi Cebreiro García o que resultou gañador e acadou o bronce do Autonómico.
Na categoría de Senior o campión era Manuel García Pombo con 123 pratos. Cristino Mera Román e Francisco J. Rivero Martínez obtiñan o segundo e terceiro posto, respectivamente. En Veteranos o campión era Antonio Castro Ferreiro con 108 pratos por diante de Gabino Villamor Vázquez e José González Yáñez, respectivamente. En Xuveniles o campión foi Rubén Vicente López con 67 pratos e en Máster o mellor clasificado foi Luis Salmerón Madera.
O tirador pontevedrés Daniel Cebreiro Garcia recibiu unha placa da FGC por ser o Campión da Copa Galicia de Percorridos 2022 A Selección Galega quedou formada por Manuel Blanco, Antonio Iglesias, Daniel Cebreiro, Roberto Rodriguez, Manuel García, Antonio Castro.
Este Campionato Provincial contou coa colaboración de Solognac e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |