PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO |
San Huberto pontevedrés |
04/07/2022 |
XXXV Campionato Provincial de Pontevedra de San Huberto O pasado 2 de xullo, nos montes do terreo societario "As Tres Bes" da localidade pontevedresa de Baiona, desputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de San Huberto. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da sociedade de caza “As Tres Bes”. A proba trascorreu con normalidade e deportividade, sendo xuzgada Santiago Saavedra e Jorge Amado. Foi o participante Varela o que co seu can “Perseo de Xeara” se proclamaba campión con 59 puntos. Eloy Rodríguez Rego co seu setter inglés “Bono da Brisa da Ria” foi o segundo clasificado da xeral e campión provincial con 58 puntos namentras que Félix Robles López con “Zenith” remataba en terceira posición con 38 puntos.
Na categoría de Springer o campión da proba e provincial era Saturnino Pereira Vidal con “Coco” e 67 puntos. Con 64 puntos Eloy Rodríguez Rego con “Lua” era o segundo clasificado por diante de Eloy Rodríguez Martínez que obtiña o bronce con “Piti”. A Selección que representará a Pontevedra no vindeiro autonómico da especialidade estará formado por: Eloy Rodríguez Rego, Jose Ramón Zamora, Santiago Rodríguez, José Comesaña e Saturnino Vidal. Este campionato provincial contou coa colaboración de pensos Canican e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.
|