MUTUASPORT
Celebrada a Xunta Xeral de Mutuasport
25/06/2022

O pasado 23 de xuño, celebrouse a Xunta Xeral de Mutuasport no Hotel Rafael Atocha de Madrid, con alta participación de mutualistas pertencentes a diferentes Comunidades Autónomas.

Coa intervención do presidente de MUTUASPORT, José María Mancheño e de Javier Vergés, director xeral, e xunto aos membros do Consello de Administración, presentáronse polo miudo as Contas anuais do exercicio 2021 que comprenden ao Balance, Conta de Perdas e Ganancias, a Memoria e o Informe de Xestión, destacando o importante resultado obtido no exercicio, así como a incorporación da federación asturiana de caza.

Todos os asistentes á Xunta aprobaron por unanimidade as Contas Anuais do exercicio 2021, que comprenden o Balance, Conta de Perdas e Ganancias, a Memoria, o Informe de Xestión do exercicio 2021, así como a xestión social.

Ademáis, a Xunta Xeral refrendou a aposta do Consello por seguir invertindo en investigación aplicada á caza, como o proxecto Coturnix e Zorzales, co obxetivo de estudar e evaluar científicamente o estado de conservación das especies. Acción que foi moi positiva para Mutuasport xa que mellorou considerablemente a imaxen no sector cinexético. Tamén se realizou a renovación no Consello de Administración de oito miembros.

Outro feito a destacar foi a celebración do 50 Aniversario de Mutuasport e a creación do documental, titulado “50 años de caza. Así hemos cambiado”, desenrolado por Jara y Sedal. No que tres grandes personalidades da caza en España, Juan Delibes, Ismael Tragacete e Fernando Tello, reflexionan sobre os trocos que a actividade cinexética e os cazadores experimentamos nos últimos 50 anos.

Dende o Consello de Administración agradeceuse a confianza depositada na Mutua e o respaldo na xestión realizada. “Tenemos motivos suficientes para sentirnos orgullosos por el trabajo desempeñado por el personal de Mutuasport, Federaciones, equipo de Dirección y Junta Directiva. Hablar de MUTUASPORT es hablar de solvencia y solidez”.