LUMES |
Solidariedade cos cazadores de Castela e León e Navarra |
23/06/2022 |
Dando voz aos cazadores galegos, a Federación Galega de Caza quere trasladar toda a solidariedade aos nosos compañeiros navarros e casteloleoneses que nestes días se ven asolados polas consecuencias catastróficas dos lumes. Os cazadores galegos somos coñecedores das tráxicas consecuencias que as vagas de incendios provocan nos nosos montes, nos nosos acoutados e nos nosos pobos. Debido á experiencia vivida na nosa comunidade, os galegos sabemos o que están a sofrer os compañeiros navarros e casteloleoneses, e por iso, que trasladamos todo o ánimo posible e damos un alento de forza e esperanza. Ao igual que os cazadores galegos soupemos responder ante as nefastas consecuencias dos lumes con iniciativas como as de “Compartir caza” e poñendo o colectivo cinexético ao servizo da Xunta de Galicia. Estamos seguros que cazadores navarros e casteloleoneses amosaron e seguirán amosando o papel fundamental dos cazadores no medio ambiente, traballando nas tarefas de extinción, recuperación e dando alimento a fauna salvaxe tan precisa nestes momentos.
Hoxe tínguese de negro o icono paisaxístico e cinexético da Serra da Culebra pero coa forza de superación que caracteriza aos cazadores e a xente dos pobos de España todo quedará nun escuro pesadelo. Ánimo! |