AUTONÓMICO CANS DE RASTRO XABARIL |
O pontevedrés Antonio Sánchez con “Chico” proclamouse Campión Galego de Cans de Rastro sobre Xabaril |
13/06/2022 |
XXVI Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril O terreos lucenses da Sociedade de Caza Santa María Alta acolleron a edición XXVI do Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril. Unha proba desputada o pasado 11 de xuño e que contou coa organización da Federación Galega de Caza e a colaboración de dita sociedade de cazadores. Un campionato galego que sempre esperta gran expectación e nesta edición máis xa que, como sempre, foi clasificatorio para o Nacional da especialidade que neste 2022 se desputará, o vindeiro 16 de xullo, tamén por terras lucenses. E deste xeito todos os monteiros galegos participantes desexaban ter plaza para este Campionato de España.
Preto de 40 monteiros clasificados nas respectivas fases provinciais, pola Copa Galicia máis o campión da edición anterior desputaron este Autonómico que tanto o comité de xuíces e os Directores da Proba, Jaime González e Óscar Meijide, catalogárono como de gran deportividade e alto nivel na calidade das prestacións de cans e monteiros.
Os monteiros dividíronse en dous campos para afrontar a semifinal na que os seis mellores clasificados de cada campo desputaban a gran final. Nesta fase clasificatoria destacamos a participación de Michael Otero con “Chacho” e Salvador Sestelo con “Beba” que obtiveron as mellores puntuacións de cada campo. Ás 13:00 horas comenzaba a fase final co seguimento e presenza da Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Belén Docampo, que xunto co presidente da FGC, Javier Nogueira, quixeron desfrutar a pe de monte da intensa final na que monteiros e cans deron todo un espectáculo no rastrexo do xabaril.
Foi o pontevedrés Antonio Sánchez Sexto o que co seu can mestizo de nome “Chico” obtiña o primeiro posto con 248 puntos e se proclamaba campión galego da especialidade. O lucense Michael Otero Folgueira con “Chacho” remataba en segunda posición con 247,2 puntos. O ata ese día actual campión galego, Salvador Sestelo Núñez con “Beba”, compretaba o podio co bronce acadado despois dunha participación que lle reportou 245,7 puntos.
Da man do presidente da Federación Galega de Caza, o subcampión galego Michael Otero Folgueira e “Chacho” tamén recibiron a placa de campión da Copa Galicia da especialidade. A Selección Galega para a desputa do Campionato de España quedou conformada polos seguintes monteiros: Antonio Sánchez, Michael Otero, Salvador Sestelo, Luis Otero, Joaquín Fernéndez, Martín Martínez e Francisco Rodeiro (por Copa Galicia). Na entrega de premios e acto de clausura destacamos a presenza de Jose Manuel Yáñez Castro - Presidente da Sociedade de Cazadores Santa María Alta,Roberto Fernández Rico - Deputado da Area de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo, Luis Eusebio Fidalgo Álvarez - Vicepresidente da area cinexética da FGC e Vicepresidente da FGC en Lugo, Belén Docampo Piñeiro - Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e Javier Nogueira - Presidente da FGC. O alcalde do concello da Ribeira de Piquín e Deputado lucense Roberto Fernández apuntou, coas súas verbas, á importancia da caza e dos cazadores no rural galego. Facemos especial fincapé no agradecemento feito pola Directora Xeral aos cazadores galegos polo esforzo realizado durante estes derradeiros anos na contención dos danos provocados polo xabaril en cultivos e estradas. Javier Nogueira clausuraba este Autonómico con emotivas verbas de agradecemento á familia de monteiros galegos polo apoio amosado durante os anos ao fronte da presidencia da FGC, despedíndose dunha das disciplinas cinexético deportivas nas que foi o primeiro Delegado Nacional.
Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arión e Mutuasport. |