TERRAS DO ORTEGAL |
O navarro Javier Arizkuren e os seus griffóns azuis de gascuña gañadores de Ortigueira 2022 |
28/05/2022 |
XII Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte na modalidade Xauría – Terras do Ortegal O pasado 28 de maio, e despois de dous anos sen poder celebrala, tiña lugar nos concellos de Ortigueira, Cedeira, Cerdido, Cariño e Mañón, a XII Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte, na modalidade de Xauría, organizada pola Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal, Mañón e Cedeira.
Como ocorreu na derradeira edición, participaron un total de 24 equipos compostos por ata tres conductores e 6 cans, aquí é onde a organización, ano tras ano, lamenta non poder dar plaza a tódolos lotes preinscritos, tendo que quedar fora da participación moitos monteiros. Destacar o enorme peso organizativo no que interviñeron máis de 100 rastrexadores, xuíces e guías que puxeron a disposición dos participantes máis de 50 rastros de xabaril nas 24 manchas dispoñibles, descartando, como é lóxico, os rastros de femias de xabaril seguido das súas crías. Os participantes contaron cun pequeno intervalo de tempo para facer unha comprobación de rastro previo a traela ou no seu caso o rexeitar ese rastro e empregar outro facilitado pola organización. Unha vez feita dita comprobación, tería lugar a solta dos cans no que estes dispoñían de 2 horas para facer o achegamento, levante e persecución do xabaril salvaxe. Sendo clave o respeto dos cans ao non rastrexo de outras especies cinexéticas que non fosen xabaril. A proba foi, como en edicións anteriores, todo un éxito e os guías de campo e xuíces encargados de xulgar a proba, contabilizaron numerosos levantes de xabaril e avistamentos que fixeron as ledicias do numeroso público que seguiu o discorrer desta proba. Un público que en cada edición achégase en maior número para gozar da calidade dos cans e monteiros que participan nesta proba pioneira. Nesta edición foi notoría as gañas da celebración deste campionato de referencia nacional para os apaixoados dos cans de rastro sobre xabaril. Destacamos a participación de monteiros chegados dende Extremadura, Navarra, Cataluña, Cantabria e Asturias, así como representantes das catro provincias galegas.
Foi o lote do navarro Javier Arizkuren Pola o que obtivo o primeiro posto e se convertía no campión desta edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte – Terras do Ortegal.
O cántabro Juan García Fernández foi o lote subcampión despois de realizar unha fermosa prestación cos seus griffóns e sabuxos mestizos.
O galego, chegado de Ourense, Alejandro Couso Rosario co seu lote de griffóns azuis obtiña o bronce superando o cuarto posto acadado na anterior participación.
Facemos mención a clasificación dos seguintes lotes: 4º.- Pablo González Castro 5º.- Jesús Antonio Taladriz 6º.- Rubén Chousa López 7º.- Nicolas Iglesias Orjales A cadela de nome “Jara” pertencente o lote campión presentado polo navarro Javier Arizkuren obtivo unha mención especial polo traballo realizado durante a proba.
O discurso das autoridades e responsables da organización do evento e a entrega de premios puxo o punto e final desta proba na que son moitos os monteiros que xa agardan a edición do 2023. Este campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e a Secretaria Xeral para o Deporte e Mutuasport |