XABARIL SALVAXE EN RIANXO |
Miguel Ángel co seu can “Nico” foi o campión da terceira edición da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo |
23/05/2022 |
III Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe Na xornada do pasado 21 de maio tiña lugar a xa terceira edición do Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe na localidade coruñesa de Rianxo. Baixo unha climatoloxía cambiante e unha perfecta organización celebrouse esta xa asentada proba do calendario do Clube Amigos dos Cans de Caza, contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade de Pesca de Rianxo. Monteiros e cans chegados dende tódolos puntos da xeografía coruñesa e de outras provincias galegas, un anos máis o cupo de participantes compretouse ao pouco de abrirse o prazo de inscrición. Unha vez cortados os rastros por parte dos monteiros elexidos pola organización e postos a disposición de xuíces e participantes comenzou a proba. Unha proba que contou cunha fase clasificatoria na que se clasificaban os dous cans de maior puntuación de cada campo e pasaban a fase final. Rematada a prestación de tódolos participantes foi o monteiro Miguel Ángel, subcampión da edición anterior, o que co seu can “Nico” obtivo a mellor calificación cun total de 230 puntos. Con 224 puntos remataba en segunda posición Álvaro Edreira con “Verón”. O can de nome “Full” conducido por José María Portela acaba o bronce con 222 puntos. José Couto con “Turka”, Luis Miguel Conde con “Killer” e Marcos López con “Pirry” eran os cuartos, quintos e sextos clasificados respectivamente. Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |