CAN DE OURO - RASTRO DE COELLO
O lote propiedade de Juan Formoso foi o campión do Can de Ouro en Rastro de Coello
23/05/2022

Campionato Can de Ouro de Barbanza – Modalidade Rastro de Coello

O 22 de maio, o Tecor da Sociedade de Caza e Pesca Barbanza acollía unha edición máis do Campionato de Can de Ouro na modalidade Rastro de Coello, organizado polo Clube "Amigos dos Cans de Caza" en colaboración coa Federación Galega de Caza na Coruña e dita Sociedade de Caza.

A proba, puntuable para a Copa Galicia da especialidade, trascorreu sen imprevistos, destacando a deportividade de tódolos participantes así como a calidade dos lances cinexéticos. Uns terreos húmidos pola choiva presente ás horas previas á proba permitiu o bo facer dos diferentes lotes de cans participantes. 

Foi o cazador Juan Formoso Raposo o que acadaba, co seu lote “Luna, Naca, Flor e Tula”, o primeiro posto da clasificación final cun total de 595 puntos. Con 530 puntos o segundo clasificado era Roberto Barreiro Pesado con “Laica, Lola, Luna e Nana”. O bronce era para Francisco Abraldes Crujeiras con “Bella, Trufa, Keila e Luz” e 525 puntos.

Ao igual que ocorreu na edición do 2021, a cadela de nome “Luna” propiedade de Juan Formoso Raposo obtiña o galardón de Mellor Can da proba con 160 puntos.