PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING |
Marcos Váquez revalida o título de campión provincial |
15/05/2022 |
XXI Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting No campo de tiro eventual sito no monte do Cristo da localidade lucense de Portomarín tiña lugar o pasado 14 de maio, a edición número XXI do Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting. Un campionato celebrado dentro do programa de probas da Festa da Caza de Lugo e que contou coa organización da Federación Galega de Caza de Lugo e a colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.
Un total de 25 tiradores desputaban este campionato provincial a 50 pratos divididos en duas canchas de tiro e nas que o lucense Marcos Vázquez Cabado proclamábase campión da proba e, un ano máis, campión provincial cun total de 49 pratos. O segundo posto da Xeral foi para José Luis Otero del Río que tamén era o segundo clasificado da provincia cun total de 46 pratos. Tamén con 46 pratos remataba, en terceira, o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta. O cuarto clasificado da xeral e bronce da provincia foi Lino Castro Leiras con tamén 46 pratos. O segunto, terceiro e cuarto posto da xeral foron decididos despois da desputa dun intenso desempate. Na categoría Senior o primeiro posto era para Constantino Vilar Rodríguez con 43 pratos. O segundo e terceiro posto eran para Vicente Insua López e Carlos Misa Alonso, con 42 e 41 pratos respectivamente. Luis Salmerón Madera era o Máster mellor clasificado cun total de 40 pratos escachados e o máster provincial con maior acerto foi Jose María González Rodríguez con 39 pratos. José González Yáñez era o Veterano que acadaba o primeiro posto con 42 pratos.
Este Campionato contou co patrocinio da: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport e coa colaboración de Solognac. |