GRATUITO
Taller en liña sobre regulación das poboacións de xabaril mediante a eficacia cinexética
09/05/2022

🐗 Taller en liña sobre regulación das poboacións de xabaril mediante a eficacia cinexética, promovido polo IREC (Instituto de Investigación en Recursos Cinegéticos).

O taller gratuíto impartirase en tres datas distintas para facilitar a asistencia; o 11 de maio e 14 de xuño en horario de mañá (10:00-13:20 h.) e o 7 de xuño en horario de tarde (16:00-19:20 h.). 

As inscricións ao taller, que se realizará a través da plataforma Zoom, pódense facer nesta ligazón.

Así mesmo, nos próximos días abriranse tamén as inscricións tanto para o terceiro dos talleres que o GO PREVPA organizou; “Aspectos positivos da caza e papel do cazador e gandeiro”, como para as dúas xornadas restantes do taller “Innovación en bioseguridade para a redución de riscos asociados ao xabaril”.