CURSO XUICES RRCC E COMPAK |
Celebrada a primeira convocatoria para novos xuíces das disciplinas de tiro |
02/05/2022 |
Na pasada fin de semana a Federación Galega de Caza tiña a ben levar a cabo a primeira convocatoria para novos xuíces nas disciplinas cinexético deportivas de percorridos de caza e compak sporting. Foron as instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar o lugar escollido para celebrar este curso no que os aspirantes a novos xuíces adquiriron coñecementos a través de documentación física e audiovisual.
O curso foi impartido polos xuíces federativos César Tosar e José Moure que remataron a xornada realizando unha satisfatoria proba evaluatoria a todos os aspirantes.
Dende a FGC lembrar que esta foi a primeira convocatoria para novos xuíces das disciplinas de tiro pero que o vindeiro día 21 de maio, nas mesmas instalacións, celebrarase a segunda convocatoria para a cal o prazo de inscrición xa está aberto. |