PROVINCIAL PONTEVEDRA COMPAK |
Roberto Rodríguez campión provincial de compak |
01/05/2022 |
XXII Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting Máis de medio cento de tiradores citáronse, no día de hoxe 1 de maio, en San Andrés de Xeve, no Campo de Tiro Río Lérez, para a desputa da edición XXII do Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración dos Clubes de Tiro Río Lerez e Eido Dalbo. A proba contou con catro canchas nas cales os tiradores enfrontáronse a un total de 100 pratos. Uns pratos moi técnicos e baixo unha perfecta organización fixeron desta fase provincial unha xornada brilante desta disciplina do tiro. Unha vez rematada a proba con total normalidade e deportividade os resultados nas diferentes categorías foron os seguintes: Na Xeral Absoluta o campión foi Roberto Rodríguez Fernández con 90 pratos que obtiña deste xeito o título de campión provincial. Con 89 arxilas escachadas remataba o tirador coruñés José Manuel Torres Parada que obtiña a prata non sen antes resultar gañador nun desempate con Daniel Domínguez Treinta que se tiña que conformar co bronce. Francisco Javier Rivero Martínez era o campión con 84 pratos na categoría Senior superando a Ángel R. Vidal Quintela e José Carlos Martínez González que remataban en segunda e terceira posición respectivamente.
Na categoría Veteranos o campión era Gabino Villamor Vázquez con 80 pratos escachados por diante de José González Yañez que remataba a tirada con 74 pratos. José María González Rodríguez con 67 arxilas era o campión na categoría de Máster por diante deLuís Salmerón Madera con 66 pratos. En Damas a campiona era a tiradora Elisabeth Campos Dorna con 40 pratos, o mesmo número de pratos que o campión Xuvenil Jose Antonio Lomba Quintas.
Este campionato provincial contou coa colaboración de Solognac e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |