ASEXOS DE ARCO SOBRE FIGURAS 3D |
Éxito da primeira proba de asexo con arco |
19/04/2022 |
Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza, o pasado 10 de abril tivo lugar a novidosa primeira edición da Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D. Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a un total de 35 arqueiros e un destacado público que quixo coñecer esta novidosa modalidade que, con matices diferentes a competición de Percorridos de Caza con Arco, deixou un gran sabor de boca entre os apaixoados do arco.
Un total de 20 propostas e patrullas de 4 arqueiros que chegaban a cada posto de tiro onde se atopaban con diferentes indicacións. Inidicacións en cada proposta tales como: un ou dous postos de tiro, número de figuras, especie cinexética a disparar, distancias de tiro, etc.
Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías: Arco Asistido Masculino - Ángel Villaverde Balado: 274 puntos - Eloy Álvarez Couñago: 273 puntos - José Caruncho Villalba: 247 puntos Arco Tradicional Masculino - Lee Ransdale: 218 puntos - Carlos Rama Rodríguez: 165 puntos - Antonio Lorenzo Vidal: 155 puntos Arco Asistido Damas - Mª Carmen Novoa: 250 puntos - Carolina Comesaña Cendán: 180 puntos - Dolores Bugarín Codeseda: 175 puntos Cadetes - Atila Vega Comesaña: 150 puntos - Claudia Vega Comesaña: 131 puntos - Sheila Llamas Pérez: 120 puntos Junior - Inés Martínez Martínez: 151 puntos
- Xiana Rodríguez Dean: 115 puntos
|